subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

As obras do tramo da Vía Verde que trancorre polo Concello de Oroso avanzan a moi bo ritmo


orosoAs obras do tramo que transcorre polo Concello de Oroso da Vía Verde que unirá Santiago de Compostela con Cerceda pola antiga vía do ferrocarril avanzan a moi bo ritmo.

Moi pronto será un camiño para desfrutar da natureza, andar, ir en bicicleta, facer deporte e relaxarse nunha contorna natural idónea.

A actuación neste primeiro tramo, cun orzamento de case 800.000 euros, suporá “un importante impulso económico, medioambiental e deportivo para o concello”, asegura o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde

A primeira Vía Verde da provincia da Coruña terá unha lonxitude de 36,5 quilómetros. Para completar o proxecto, o Concello de Oroso fará un carril-bici que conectará o casco urbano de Sigüeiro coa vía.