Convocatoria de Formación do Profesorado
Desde a Aula Mentor EducaOroso informamos que está aberto o prazo de matriculación dos cursos pertencentes á Convocatoria de Formación do Profesorado, destinado aos docentes que teñen interese en mellorar a súa formación.
Os cursos Mentor, unha vez finalizados satisfactoriamente dentro das convocatorias de abril, xuño e outubro quedarán inscritos no Rexistro de Formación do Profesorado do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Dentro de todo o catálogo de cursos Mentor, os pertencentes a esta convocatoria son:
· GIMP Photoshop Básico
· Deseño en 3D con Sketchup inicial
· Crea a túa web con WordPress
· Modulación da voz Lingua de signos A1
· Educación infantil
· Técnicas de estudo
· Familia, Escola e Convivencia
· Ferramentas para a Aprendizaxe en Educación Formal e Non Formal: O Enfoque de Proxectos.
· Coaching e liderado persoal Redes sociais para PEMES. Introdución ao Community Management
· Orientación Profesional e Procura de emprego
· Comunicación efectiva e traballo en equipo
· Promoción e comercialización de produtos e servizos turísticos locais
· Iniciación á musicoterapia
· Fotografa dixital
· Adobe Illustrator
· Adobe InDesign
O procedemento reflectido na convocatoria é o seguinte:
1. Cumprimentar e asinar a ficha de inscrición do INTEF.
2. Certificado do centro educativo indicando que se imparte docencia directa ou unha cabeceira da nómina na que se especifique o cargo docente desempeñado.
3. Realizar a matrícula marcando a opción de "Convocatoria Formación de Profesores"
Descargar ficha inscrición