subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

AVISO URXENTE!!


orosoDesde o Concello de Oroso tivemos coñecemento de que se están pedindo datos, a través de correo electrónico, en nome do Secretario Municipal a empresas adxudicatarias de contratos do concello.

Queremos aclarar que o concello non está a solicitar ditos datos a través de ningún medio. En calquera caso, a documentación sempre se solicita ou ben na plataforma de contratos ou mediante notifica.gal.

Damos esta información para que os adxudicatarios o teñan en conta e non ofrezan os datos que se lles solicitan.