subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Obradoiro de máscaras venecianas


orosoDentro da súa programación de Entroido, a Concellería de Cultura do Concello de Oroso organiza un obradoiro de máscaras venecianas.

Onte celebrouse o obradoiro para persoas adultas (imaxes adxuntas), mentres que esta tarde será o de nenos e nenas.

Lembrade ademais que a veciñanza de Oroso pode presentar as súas máscaras ao concurso organizado polo Concello de Oroso!

O xurado valorará os traballos e entregará os seguintes premios:

Categoría infantil (dos 7 aos 9 anos): o premio para o gañador/a será un vale de 70€ en Juguettos e para o finalista un vale de 45€ na mesma tenda.

Categoría infantil (dos 10 aos 12 anos): o gañador/a e o finalista recibirán un vale por 100€ e 60€, respectivamente, en Equipat.

Categoría xeral: entregaráselle ao vencedor/a un vale por 120€ no Restaurante Os Mariñaos, mentres que o finalista recibirán un vale de 70€ en As Esencias.

As creacións poden presentarse ata o 22 de febreiro ás 20:00 horas no centro cultural.