subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Solidariedade e canles de axuda ao pobo de Ucraína


orosoO Concello de Oroso púxose en contacto nos últimos días coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e coa Secretaría de Estado de Cooperación Internacional para coñecer cales son os canles máis axeitados para organizar iniciativas de axuda a Ucraína.

Unha vez máis, agradecemos as mostras de solidariedade dos veciños e veciñas de Oroso, pero é importante facelo dun xeito coordinado e seguindo as instrucións das entidades coordinadoras.

En canto teñamos máis datos sobre as diferentes posibilidades de axuda, daremos máis información ao respecto.

Agora mesmo as ONG solicitan achegas económicas como colaboración. Deste xeito, as persoas que queiran facer unha pódeno realizar a través da páxina web de ACNUR ou da web da ONG Cruz Roja.