8M en Oroso
Este mediodía, o Concello de Oroso celebrou o acto central do 8M coa lectura do manifesto institucional.
"Hai que apurar o paso, está indo demasiado lento e estamos fartas de ter que sair á rúa ano tras ano pedindo o que por dereito nos pertence, queremos os nosos dereitos e querémolos xa", manifestou Isabel Fernández, concelleira de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística.