Oroso conta con dúas novas fontes, no Carboeiro e A Baxoia, para ofrecer auga potable a veciños e peregrinos
Oroso inaugurou esta mañá as fontes do Carboeiro e A Baxoia para ofrecer auga potable a veciños e peregrinos.
Forman parte da rede de fontes do Camiño Inglés, construída no marco do proxecto europeo Life Water Way, cofinanciado pola Deputación da Coruña.
O alcalde, Luis Rey Villaverde, e a tenente de alcalde, Beatriz Rodeiro, inauguraron a fonte do Carboeiro, mentres que Antonio Leira acudiu ao acto da situada no parque de San Caetano de Santiago.
“É un servizo máis, tanto para os peregrinos como para os nosos veciños e veciñas, xa que pola súa ubicación estamos convencidos de que as fontes se utilizarán moito”, afirmou o alcalde do Concello de Oroso
“A finalidade deste rede piloto de fontes públicas é ofrecer aos peregrinos un punto de abastecemeento seguro, ao tempo que se promove un consumo sostible e reducimos o consumo de plásticos”, manifestou Antonio Leira en Santiago.
As fontes están ubicadas en Oroso, Santiago, Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Abegondo, Mesía e Ordes.