subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Recepción a Sasha Malov, número 5 do ránking mundial de tenis de mesa!


orosoO alcalde do Concello de Oroso, Luis Rey Villaverde, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, recibiron no salón de plenos do concello a Sasha Malov, que xa é número 5 do ránking mundial da categoría U11 de tenis de mesa.

Xunto aos seus pais e adestradores, Luis Rey e Antonio Leira trasladáronlle a Sasha a noraboa en nome de todos os veciños e veciñas de Oroso polos seus recentes éxitos. “Un orgullo para todos, polo que quero agradecer o seu esforzo, o dos seus pais e o do conxunto do club Oroso Tenis de Mesa”, apuntou Luis Rey.

“Leva o nome de Oroso por todo o mundo, un éxito máis do deporte orosán e unha responsabilidade como concello para seguir apoiando tantas modalidades deportivas”, engadiu Leira.