A piscina municipal de Sigüeiro abrirá as súas portas a mediados de maio
Aberto o prazo para tramitar a renovación ou adquisición de novos carnés de socio a través da web municipal
A piscina municipal de Sigüeiro abrirá as súas portas para a campaña de verán 2022 o 13 de maio. Paralelamente, o Concello de Oroso abre o prazo para solicitar ou renovar os carnés de aboanados.
Os prezos dos carnés mantéñense sen incrementos sobre os últimos anos. Así os veciños e veciñas empadroados en Oroso terán un desconto de 7 euros sobre a tarifa xeral: 17 euros (de 4 a 16 anos) e 25 euros (maiores de 16 anos). As persoas non empadroadas terán unha cota de 24 euros (de 4 a 16 anos) e de 32 euros (maiores de 16 anos). Así mesmo, haberá un desconto do 20% para familias numerosas.
O prezo das entradas será de 1,5 euros (de 4 a 16 anos) e 2 euros (maiores de 16 anos). Os veciños e veciñas interesados en tramitar o carné de socio deberán presentar a solicitude e abonar as cuotas on-line a través da páxina web municipal. Para iso, deberán achegar xustificante do pago das taxas correspondentes e do carné de familia numerosa, se fose o caso. A maiores, as novas altas deberán achegar unha foto tamaño carné.