subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Polígono Industrial de Sigüeiro acollerá o sábado 13 de agosto o primeiro Slalom Camiño Inglés


A escudería Oroso MotorSport, organizadora da proba, agarda contar con medio cento de participantes

orosoO alcalde de Oroso, Luis Rey, vén de acompañar aos representantes da escudería Oroso MotorSport na presentación do I Slalom Camiño Inglés Concello de Oroso, que se celebrará o vindeiro día 13 de agosto nun circuito ubicado no Polígono Industrial de Sigüeiro.

Os organizadores da proba, que foi incluida pola Federación Galega de Automobilismo no Campionato Xunta de Galicia de Slalom, agardan contar coa participación de medio cento de pilotos, que competirán nun circuito urbano cunha lonxitude de 1.500 metros habilitado en catro rúas do polígono industrial.

O rexedor local felicitou á escudería Oroso MotorSport por “aventurarse a poñer en marcha esta primeira edición do Slalom Camiño Inglés” e manifestou a súa confianza en que “sexa un evento deportivo que chega para quedarse”.