Período de matriculación nos cursos Cisco
A Aula de Formación EducaOroso informa que a partir de hoxe 12 de setembro comeza o período de matriculación nos cursos Cisco ata o próximo 15 de setembro.
Os cursos que se ofertan son os seguintes:
CCNA v7: Certificación Académica CISCO en redes de computadores. Dita certificación na versión 7 consta de 3 módulos, tendo cada módulo unha duración de cinco meses. Á súa vez, os alumnos que desexen completar cada módulo deberán manter activa a súa matrícula durante os cinco meses sinalados.
Módulo 1 CCNA v7: O obxectivo do curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de rede, desenvolvendo competencias necesarias para planificar e implementar redes pequenas.
Módulo 2 CCNA v7: Neste curso veranse os conceptos básicos de conmutación e encamiñamento dunha rede; axudando a planificar e implementar pequenas redes, incorporando unha gran variedade de aplicacións.
Módulo 3 CCNA v7: O obxectivo deste curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de redes; axudando a desenvolver as aptitudes necesarias para planificar e implementar redes pequenas.
CCNA CyberOps Associate: O curso formará aos alumnos en destrezas para coñecer as vulnerabilidades que se producen en Ciberseguridade, os sistemas operativos que utilizan; detectar os tipos de ataque, os métodos que utilizan; protexer os datos persoais, os corporativos, todas as infraestruturas, etc. É recomendable que o alumnado teña coñecementos básicos dos sistemas operativos Linux e Windows, coñecemento de redes equivalente aos módulos 1 e 2 de CCNA. Duración de cinco meses.
Dev Net v1: Este curso está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou perfeccionar nos conceptos e a práctica de programación de redes. Recoméndase ter coñecementos previos de PCAP (Programming Essentials in Python), CCNA, CCNP ou CiberOps Associate presenta as metodoloxías e as ferramentas de desenvolvemento de software moderno, aplicadas ás operacións de “Tecnoloxías da Información” e a “rede”. O contido do mesmo cobre todas as necesidades relativas a xestión de microservicios, contedores e operacións de desenvolvemento, así como a automatización segura de infraestruturas con interfaces de programación de aplicacións (API). Duración de cinco meses.
PRAZO DE MATRICULACIÓN: (ata esgotar prazas)
• 12 ao 15 de setembro matriculación.
• 19 de setembro comezo dos cursos.
PROCEDEMENTO DE MATRICULACIÓN: os cursos CISCO ofertados dentro do programa Mentor, conlevan o mesmo custo mensual que o resto dos cursos, pero neste caso seguen unha planificación establecida cunha duración de 5 meses os cursos CCNAv7, CCNA CyberOps Associate e Dev Net v1, o que conleva un prezo pechado dos mesmos de 120€.
A. Pago único coa totalidade do prezo de cada curso:
Pago inicial de 120€
B. Pago fraccionado en 2:
Pago inicial será coincidente ao resto dos cursos Mentor (48€ / 2 meses), e farase unha única recarga co resto do custo (72€) que conleva o curso CISCO correspondente.
Máis información en: https://www.aulamentor.es/