subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Feirantes


orosoDende a Concellaría de Mulleres, Ensino , Benestar social e Normalización Lingüística presentamos a obra Feirantes concedida pola Area de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

Un espectáculo sinxelo feito desde o sorriso, desde a delicadeza, desde o amor, que procura buscar a relación directa, limpa, sen trampas, co espectador de hoxe e con todos os públicos, e que inicia unha nova liña de traballo para Teatro do Noroeste, na adaptación de textos narrativos ó teatro, eses textos que expresan a esencia da nosa cultura. Un espectáculo homenaxe á vaca e aos estraños e curiosas personaxes que aínda residen en moitos pobos do noso país e tamén porque non dicilo, un espectáculo homenaxe a Álvaro Cunqueiro.

A obra representarase o día 4 de novembro ás 20:00 horas 20:00 horas no centro cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro.

Podes facer a túa reserva a través do whatsapp no 698184590.