subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Impresión 3D


orosoO Concello de Oroso, a través da Aula CeMIT de Sigüeiro, organiza un curso gratuíto de Impresión 3D, que terá lugar os días 2, 4, 8, 10 e 11 de maio de 2023, en horario de 10:00 a 12:00 horas.

O curso está dirixido a todas aquelas persoas que queiran introducirse no mundo da fabricación dixital e manexo das impresoras 3D, xa que non fai falla ter coñecementos previos específicos.

Contidos

Aplicacións da impresión 3D
Componentes de unha impresora 3D
Software e calibración
Web de descarga de Modelos 3D
Software de Modelado 3D


Podes solicitar a matrícula a través do seguinte enlace https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/41973