subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Xestiona a túa empresa con Factusol


orosoA aula de formación EducaOroso pon en marcha un novo curso gratuíto de FACTUSOL durante os días 5, 6, 7, 8, 12 e 13 de xuño en horario de 10:00 a 13:00 horas.

FACTUSOL é un software que funciona nun PC con MS Windows e é moi sinxelo de instalar.

Obxectivos

Xestión da facturación da túa empresa e levar o control de stock. Adáptase facilmente ás necesidades dos usuarios e ofrece a información de modo visual e atractivo. É un software de facturación moi completo que pode cubrir calquera necesidade. Serve para todo tipo de actividades que requiran xestionar compras, vendas, stock, cobranzas, pagos, etc.

Instalación

FACTUSOL é moi sinxelo de instalar e iniciar inmediatamente. Tan só tes que descargalo e instalalo. Podes usalo con tantas empresas como necesites. É multiusuario e pódese instalar en rede local, sen límite.

Vendas e clientes

FACTUSOL dispón dun amplo menú de opcións que che facilitarán o control das vendas da túa empresa.
Desde o orzamento ata a cobranza da factura ou a xeración da remesa.

Compras e provedores

O programa FACTUSOL ofrece o mesmo control sobre todo o ciclo de compras. A ficha do provedor está totalmente deseñada para gardar todos os datos necesarios e para interactuar con el, incluso xerando novos documentos desde a propia ficha do provedor, sen necesidade de abandonala.

Control de stock

Quizais una das opcións máis importantes de FACTUSOL é o seu control de stock. Se a túa actividade baséase na venda de produtos terminados ou a fabricación, debes ter un control sobre o stock real en todo momento, e moito máis se utilizas números de serie/lote e datas de caducidade.

Con FACTUSOL podes organizar en seccións, familias, tallas, cores, agrupalos por medida, quilos, litros, m2, m3, envases, packs, etc. que facilitan a ordenación, venda e cálculo do prezo de venda.

Menú administración

Desde o menú administración de FACTUSOL xestionarás todo o relativo ás cobranzas e pagos de clientes e provedores respectivamente.

Neste menú Administración pódese atopar a xeración automática de facturas a partir de albaráns e utilizando filtros de data, axente, cliente, etc. unha función que aforra moito traballo.

Informes

Os informes xerados por FACTUSOL son moi variados e ofrecen toda a información que necesitas dos teus ficheiros e dos teus documentos. Podes traballar con formatos electrónicos, tanto en PDF como XLS. Os informes teñen a posibilidade de aplicar filtros e opcións ata chegar ao que máis se adapta aos teus requirimentos.

Podes reservar a túa praza dende o seguinte enderezo: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42186