subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ordenanza Reguladora do Precio Público pola Prestación do servicio de gardería e almorzo no Colexio Público de Educación Infantil de Oroso. (B.O.P. Nº 229).


Artículo 1º. - Fundamento e natureza

De acordo co previsto no artigo 127, en relación co artículo 41, ambos do TR 2/2004 da Lei reguladora das facendas locais, este concello procede a regulación do precio público por actividades reguladas pola presente ordenanza.

Artículo 2º. - Concepto

Os precios públicos regulados nesta ordenanza constituen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten a inclusión no programa desenvolto polo concello de Oroso "Bos días", dirixido ós nenos/as matriculados no C.E.I.P. do Concello de Oroso durante a duración do curso escolar en días lectivos consistente en:

* Servicio de gardería, dende o horario de 7:30 ata a hora de comezo das clases.

* Servicio de almorzo para os nenos/as interesados.

Artículo 3º. - Obligados ó pago

Están obligados ó pago do precio público regulado nesta ordenanza, quienes se beneficien das actividades prestadas por este concello a que se refiere o artigo anterior. En concreto, os padres, titores e, en xeral, aquelas personas que ostentan a patria potestade dos nenos/as, que estén matriculados no C.E.I.P. .

Artículo 4º. - Contía

1. A contía do precio público regulado nesta ordenanza será a seguinte:

* Cota mensual polo servicio de gardería: 30 euros

* Cota mensual polo servicio de gardería máis almorzo: 40 euros

2. No caso de utilización do servicio por determinados días a semana as tarifas serán as seguintes:

* Cota mensual un día á semana:

. Servicio de gardería: 8 euros

. Servicio de gardería e almorzo: 10 euros

* Cota mensual dous días á semana:

. Servicio de gardería: 16 euros

. Servicio de gardería e almorzo: 20 euros

* Cota mensual tres días á semana:

. Servicio de gardería: 24 euros

. Servicio de gardería e almorzo: 30 euros

3. A utilización ocasional quedará supeditada á existencia de prazas suficentes. O prezo a pagar será de 4 euros ó día por gardería e almorzo e 3 euros ó día polo servicio de gardería únicamente.

4. No resto dos supostos a cota será a ordinaria sinalada no párrafo 1.

Artículo 5º. - Normas de xestión.

1. A obligación do pago do precio público regulado nesta ordenanza nace dende que se inicie a realización da actividade, se ben esixese o seu depósito previo de acordo co artigo 46.1 do TR da Lei reguladora das facendas locais.

2. Os pais interesados neste servicio deberán presentar a correspondente solicitude no periodo indicado, admitindose ata cubrir as prazas previstas; no caso de existir vacantes estas cubriranse por orde de lista de espera.

3. Os admitidos deberán practicar a correspondente declaración-liquidación (autoliquidación) correspondente, ingresándose o importe do precio público nas entidades bancarias colaboradoras deste concello, por adiantado dentro dos dez primeros días de cada mes. No caso de incorporación empezado o curso, a cuota verase reducida nun 50 % no primeiro mes no caso de que a incorporación prodúzase despois do día 15 do devandito mes.

4. No caso de asistencias esporádicas, o Concello instrumentará un sistema de bonos ou sistema análogo de prepago para facer fronte as correspondentes taxas.

5. A baixa na actividade deberá ser solicitada polos interesados por escrito ante o rexistro municipal e causará efectos no mes seguinte. Dita baixa será de oficio para aqueles participantes que adeuden algún recibo, sen perxuizo do cobro dos mesmos pola vía de constrinximento.

6. No suposto de que por causas non imputables ó interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederáse á devolución do depósito constituido.

Disposición derradeira

A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse unha vez transcorra o prazo previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres no se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.