CAMPUS DE FÚTBOL OROSO 2018.
PRESENTACIÓN
Un verán máis,a Escola Deportiva Xuventude Oroso e a Fundación Celta de Vigo, coa colaboración do Concello de Oroso, ofertan o V Campus de Fútbol Oroso 2018.
Unha oferta que este ano presenta grandes novidades, cunha gran variedade de actividades lúdicas e educativas en combinación ca ensinanza técnica e a convivencia de nenos e nenas a través da práctica do fútbol.
OBXECTIVOS
- Alcanzar de maneira lúdica que os nenos/as gocen da actividade deportiva e formativa.
- Convivir de forma amigable e cordial con nenos/as de idades afíns, co obxectivo de facer novas amizades.
- Mellorar os hábitos de disciplina e esforzo, adquirindo valores de respecto polos demais, polo material, polo cumprimento das tarefas.
- Coñecer e desenvolver estilos de vida saudables, a través do binomio dieta saudable e exercicio físico e deporte.
- Practicar o deporte do fútbol,optimizando os principias contados técnicos e tácticos.
- Coñecer e practicar outros deportes, así como a realización de diferentes actividades deportivas.
HORARIO
09.30 - 10.00: Chegada de participantes
Para os que elixan a opción de matrícula Matinal terán un horario de 10:00 a 14:00
Para os que elixan a opción de matrícula Xornada Completa terán un horario de 10:00 a 18:00
PREZOS E MODALIDADES
XORNADAS |
MATINAL (10:00-14:00) |
COMPLETA (10:00-18:00) |
||||
Empadroados Oroso |
Xeral |
Empadroados |
Empadroados |
Xeral |
Xeral |
|
Comida |
Sen comida |
Comida |
Sen Comida |
|||
1 Semana |
110 |
130 |
185 |
160 |
205 |
180 |
2 Semanas |
150 |
170 |
250 |
200 |
270 |
220 |
3 Semanas |
180 |
200 |
300 |
230 |
320 |
350 |
4 Semanas |
210 |
230 |
350 |
260 |
370 |
280 |
*Haberá descontos por segundo irmán.
* Inclúe unha equipación ADIDAS da Fundación Celta de Vigo.
* Xogadores da ED Xuventude Oroso coa renovación da tempada 2018/2019, nas mesmas condicións que os empadroados en Oroso.
INSTALACIÓNS
- Campo de fútbol Municipal Lino Balado
- Complexo Deportivo Juanito Amigo Ferreiro
- Piscina Municipal
- Aquapark Cerceda
- Pistas multixogos
- Estadio de Balaidos
- Instalacións deportivas de A Madroa
EQUIPO TÉCNICO
Adestradores de fútbol, Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, monitores de tempo libre, socorristas e fisioterapeuta.
ACTIVIDADES
MULTIDEPORTE
PISCINA
SQUASH
PADEL
RUTAS DE SENDEIRISMO
TENIS DE MESA
TOUR POLO ESTADIO DE BALAÍDOS
BEISBOL
VISITA AS INSTALACIÓNS DE A MADROA
AQUAPARK
IDADES E DATAS
De 4 anos (ano 2014) a 16 anos (ano 2002)
Sigueiro - Oroso do 2 ó 27 de Xullo
1ª Semana: 2-6 Xullo
2ª Semana: 9-13 Xullo
3ª Semana: 16-20 Xullo
4ª Semana: 23-27 Xullo
Posibilidade de matricularse por semanas soltas.
INFORMACIÓN-INSCRICIÓN (Como matricularse)
Enche a ficha de inscrición (Dúas opcións)
- www.oroso.es
- Recolle a ficha no Centro Deportivo de Sigüeiro
Realiza o correspondente ingreso no número de conta que se cita no impreso
Envía ficha de inscrición e xustificante de pago (dúas opcións)
- E-mail: eventos@xuventudeoroso.com
- Entrega presencial no Centro Deportivo
Prazo inscrición: Ata o 29 Xuño. Límite de prazas
Máis información: 646974375