subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concurso de disfraces Oroso 2021


Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2021 son:

PRIMEIRA: Obxecto
De conformidade co previsto na lei 38/2003 de subvencións, constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do concurso de disfraces online que se celebrará durante o ano 2021, e con cuxa convocatoria se pretende continuar co tradicional concurso de disfraces de Entroido xa que debido á situación sanitaria actual non se permite a súa realización de xeito presencial.

SEGUNDA: Beneficiarios/as
Poderán ser beneficiarios/as dos premios previstos nestas bases todas as persoas e agrupacións de persoas convivintes que cumpran os seguintes requisitos:
a) Non estar incursas en ningún dos casos previstos no artigo 13.2 da Lei Xeral de subvencións.
b) Non ter co concello débedas ou sancións tributarias en periodo executivo, salvo as aprazadas, fraccionadas ou suspendidas.
c) Non ter pendente de xustificar subvención concedida polo Concello de Oroso.
d) Persoas maiores de 18 anos empadroadas en Oroso. Tamén poderán ser parte da composición menores convivintes ata un máximo de 10 persoas.
e) No momento de compartir a fotografía coa que se participa nas redes sociais (Facebook ou Instagram) etiquetar ao Concello de Oroso e mencionar co hastag #enTROIdoOroso.

Aquelas persoas menores de idade ou que non teñan plena capacidade de obrar que desexen participar deberán facelo sempre coa preceptiva autorización do titular da patria potestade ou tutela, segundo anexo a estas bases.

TERCEIRA: Réxime de concesión dos premios
Concederanse quince premios por valor de 100 euros cada un, outorgados en vales ou tarxetas regalo para mercar en establecementos comerciais de Oroso ou para desfrutar na hostalería local con data límite do 30 de setembro de 2021.

As candidaturas entregaranse atendendo aos seguintes criterios:
a) Calidade artística do disfrace
b) Composición na realización da fotografía
c) Orixinalidade
d) Utilización de elementos tradicionais do Entroido
e) Mensaxe en galego
f) Esforzo e dedicación do/a promotor/a no resultado

CUARTA: Publicidade e prazo de presentación solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes comezará tras a súa publicación no BOP e rematará o día 12 de febreiro ou día hábil inmediato posterior.

QUINTA: Documentación
A documentación que se deberá acompañar é a seguinte.
Solcitude (Anexo I) asinada, na que se indclúe declaración responsable de atoparse ao corrente das súas obrigas fiscais e de non estar incurso/a en ningún dos casos de prohibición para obter subvencións establecidas no artigo 13 da lei Xeral de subvencións.

SEXTA: Lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes e, no seu caso, documentación adicional deberanse entregar:
1) No Rexistro Municipal do concello en horario de 8:30-14h os días laborables
2) Nas oficinas de correos nos termos previstos no RD 1829/1999 no seu artigo 31
3) Na sede electrónica municipal (https://sede.oroso.gal).