Concurso de fotografía. "Muller Traballadora"
Gañadores do concurso de fotografía "Muller Traballadora"
1º PREMIO Ricardo Orxeira Lista "261" |
|
2º PREMIO Jesús Estalote Maroño "Non todo é ensanche" |
|
3º PREMIO Ofelia de Bartolomé Battista "Paisaje" |
Bases do concurso de fotografía
Primeira: Participantes
Poderá presentarse toda persoa que o desexe.
Segunda: Tema
Situacións que reflictan o traballo das mulleres en calquera eido.
Terceira: Número máximo de fotografías
O número de fotografías a presentar por cada participante estará limitado a 3.
Cuarta: Tamaño e presentación
O formato das fotografías será de 20 x 30 cm. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.
As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. O xurado pode requirir este consentimento por escrito.
Quinta: Obras
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor. Nun sobre pechado co pseudónimo escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais. (Nome e apelidos, NIF, enderezo e teléfono) así como un CD coa fotografía en formato dixital no que figure o título.
Sexta: Prazo de recepción dos traballos
As fotografías entregaranse na Biblioteca Municipal no centro cultural Fernando de Casas e Novoa de 10:00h a 13.00h e de 17.00h a 20.00h .O prazo de entrega das obras rematará o 2 de marzo.
Sétima: Premios
O xurado establecerá tres premios
- 1º Premio : 250 €
- 2º Premio : 150 €
- 3º Premio : 100€
O fallo do xurado darese a coñecer no marco das celebracións do día da muller traballadora o 8 de marzo.
Oitava: Fallo do xurado
A decisión do xurado será inapelable.
No caso no que o xurado así o estimase todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos.
Novena: Difusión dos traballos
O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome do/a autor/a. Todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo en dependencia municipales. Si a cantidade de obras recibidas excedera o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.
Décima: Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases descritas.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.