Concurso de postais de Nadal con mensaxe 2013.
PREMIADOS
- CATEGORIA de 4 a 6 anos
- CATEGORIA de 7 a 9 anos
- CATEGORIA de 10 a 13 anos.
- CATEGORIA máis de 14 anos.
Gañadora: Elba Blanco Martínez | |
|
O importante é que estamos xuntos no Nadal. |
Gañadora: Laura Hermida Pérez | |
|
Con todos os meus desexos de que todas as familias poidan gozar deste Nadal e que aos nenos non lles falte o máis bonito: a infancia, o amor e a ilusión. |
Deserta | |
Gañadora: María José García Rodríguez | |
|
Que a ledicia de ver a Deus nacer faga a esperanza renacer no corazón de tódalas xentes. ¡Boas festas! |
Bases:
As bases polas que se rexerá o Concurso de postais de Nadal con mensaxe son:
Primeira
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.
Segunda
Establécense catro categorías:
- De 4 a 6 anos
- De 7 a 9 anos
- De 10 a 13 anos
- Máis de 14 anos
Terceira
As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21x15. Poden entregarse na técnica que cada un/unha considere oportuna, pero deberán incluír unha mensaxe de felicitación de Nadal en lingua galega.
Cuarta
Valoraranse a presentación, o esforzo e a orixinalidade da postal, así como a lingua e o contido da mensaxe.
Quinta
Aceptaranse como máximo dúas postais por participante. No caso de non presentarse un mínimo de tres postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta.
Sexta
Os/as concursantes presentarán as súas postais no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 23 de decembro de 2013.
Sétima
Xunto coa postal, deberase presentar un sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, idade e teléfono de contacto.
Oitava
Os premios entregaranse o día 05/01/2014 antes da recepción dos Reis Magos de Oriente no polideportivo municipal.
Novena
Os/as gañadores/as de cada categoría serán premiados/as cun lote de libros. Ademais, as súas postais serán publicadas na páxina web do Concello: www.concellooroso.com.
Décima
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas bases.