subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

IV Certame de traballos de investigación do Camiño Inglés


Bases do Certame

O Concello de Oroso convoca o IV Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés, de acordo coas seguintes

  1. Os traballos deberán referirse a calquera faceta do Camiño Inglés, (histórica, lingüistica, xeográfica, botánica, ecolóxica...) tanto en Galicia como noutras partes de España ou outros países.
  2. Poderán ser presentados en galego normativo, castelán ou inglés e deberán ser orixinais e inéditos. Aceptaranse os que foran presentados a outros certames sempre e cando non recibiran premio nin mención algunha, nin foran posteriormente publicados en calquera tipo de soporte.
  3. Establécense tres categorías: investigadores/as, peregrinos/as maiores de idade (diarios de peregrino e experiencias persoais) e mozos/as ata os 18 anos.
  4. A extensión mínima será de 18.000 caracteres para investigadores/as, 5.000 para peregrinos/as e 2.500 para os/as menores de 18 anos, e deberán presentarse en Word e PDF agás os estudantes de Primaria e Infantil, que poderán presentalos escritos a man. Admítense fotos, debuxos e infografías citando a súa procedencia. O autor ou autores responsabilizanse de que non estean suxeitos a dereitos de autor.
  5. Nas categorías de investigadores/as e peregrinos/as os traballos deberán presentar a maiores unha copia en papel, no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa. O Word e máis o PDF deberán remitirse aos seguintes enderezos: cutlrua@oroso.gal e bibloteca@oroso.gal. Deberán constar os datos personais (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono de contacto)
  6. Poderán ser presentados por persoas individuais ou por conxuntos de persoas. Cada autor/a ou autores/as poderán presentar cantos traballos desexen.
  7. As persoas que resultan premiadas recibirán un diploma acreditativo da súa participación no certame.
  8. Os premios estarán suxeitos ás retencións que marque a Lei. A estancia, así como o bono, terán validez durante un ano dende a data do fallo do xurado.
  9. Establécense os seguintes premios:
    Investigadores/as:
    Primeiro premio: 1.000 euros
    Segundo premio: 500 euros
    Terceiro premio: unha tableta.
    Peregrinos/as:
    Primeiro premio: 500 euros
    Segundo premio: unha tableta
    Terceiro premio: Invitación para dúas persoas para coñecer unha fin de semana (sábado e domingo) o Concello de Oroso con gastos pagos.
    Mozos/as ata 18 anos:
    Primeiro premio: Unha tableta
    Segundo premio: unha cámara estilo go pro
    Terceiro premio: un bono para mercar nunha tenda do Concello de Oroso por valor de 50 euros
  10. A data límite de presentación dos orixinais será o 13 de abril de 2019 ás 14 horas.
  11. O Concello de Oroso designará un xurado para cada categoría (que poderá ser o mesmo para as tres), que estará composto por un mínimo de cinco persoas, das cales polo menos tres deberán ser alleas a corporación municipal e ao cadro de persoal administrativo do Concello de Oroso, presididas polo concelleiro de Camiño Inglés ou persoa na que este delegue. No xurado de investigadores/as, polo menos un dos seus membros pertencerá ao claustro dalgunha universidade galega. Os xurados faranse públicos ao mesmo tempo que os seus fallos.
  12. Calquera premio pode ser declarado deserto.
  13. O Concello quedará cunha copia dos traballos presentados, que pasará a formar parte dos fondos propios do CEICI (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés). Así mesmo, o/a autor/a ou autores/as cederán ao dito Concello, polo mero feito de presentarse, os dereitos de publicación da primeira edición dos traballos premiados.
  14. Non se devolverán os orixinais nin as copias dos traballos participantes.
  15. A participación neste certame implica a aceptación destas bases e das resolucións que tomen os xurados en caso de calquera discrepancia ou aclaración.