subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Educación de Adultos.


Actividades: Nivel I e Nivel II

Profesor das actividades: Miguel Anxo Gómez Mosquera

Tipo de actividades:

  • Alfabetización ou Nivel I
  • Consolidación de coñecemento e técnicas
  • Instrumentais ou Nivel II

Duración do Curso: outubro a setembro

Niveis

NIVEL I:
Coa actividade de alfabetización, preténdese correxir determinadas carencias nos coñecementos básicos e elementais que son precisos para o desenvolvemento e o progreso na vida cotiá.
Vai dirixido a persoas doutros países e culturas e a alumnos que saen do sistema educativo sen acadar os obxectivos marcados para, no primeiro caso, incrementar o nivel de adaptación á sociedade e no segundo atopar os coñecementos necesarios para a súa incorporación á vida laboral.

NIVEL II:
Vai dirixido a desempregados e ás amasa de casa. No primeiro caso para que poidan obter os coñecementos necesarios para adquirir un título e dispor así de maiores posibilidades á hora de atopar un emprego; e no segundo porque tende ser o grupo poboacional máis esquecido desde o punto de vista social, e porque é un colectivo cada vez máis numeroso e máis falto de posibilidades e medios de integración social.

Obxectivos

Os obxectivos primordiais perseguidos co desenvolvemento da actividade de Alfabetización son:

  • Concienciar ó alumnado da importancia que implica a adquisición e posterior posta en práctica da serie de coñecementos básicos e precisos para poder acadar certa independencia.
  • Actuar e desenvolverse con autonomía nas súas actividades habituais e nas relacións cos grupos ós que pertence (familia, escola, grupo de iguais, barrio ou vila), recoñecendo as súas propias posibilidades e limitacións e desenvolvendo un axeitado nivel de autoconfianza e autoestima.
  • Colaborar na planificación e na realización de actividades grupais, aceptando as normas e as regras que democraticamente se establezan, articulando os seus obxectivos e intereses cos dos outros membros do grupo, respectando puntos de vista distintos do propio e asumindo as responsabilidades que lles corresponden.
  • Coñecemento e dominio de actividades de carácter básico como: a lectura, a compresión do que se le, escritura básica, manexo do reloxo, rubricas, diferenciar as moedas,...
  • Encamiñar ó alumnado no uso e control de determinadas actividades cotiás precisas para o desenvolvemento do día a día, como poden ser: o uso do transporte público, execución dunha compra nun establecemento, solicitude dunha cita previa nun centro de saúde, uso correcto do teléfono, interpretación do calendario,....
  • Aprecia-la importancia dos valores básicos que rexen a vida e a convivencia humana e obrar de acordo con eles.
  • Comprender e establecer relacións entre feitos e fenómenos do contorno natural e social, valorando a interacción entre ambos, como elemento que inflúe na calidade de vida, e contribuír activamente, na medida das súas posibilidades, á defensa, conservación e mellora do medio ambiente.
  • Familiarización coa nova moeda para todos aqueles alumnos que presenten algunha dificultade no calculo necesario para realizar a conversión pesetas-Euros, Euros-pesetas.
  • Espertar a súa curiosidade e interese polas novas diarias que se fan públicas nos medios de comunicación (radio, televisión e prensa, entre outros) para acadar un maior coñecemento do mundo que nos rodea.
  • Comprender e producir mensaxes orais e escritas en galego e en castelán, atendendo a diferentes intencións e contextos de comunicación, así como comprender e producir mensaxes orais e escritas sinxelas e contextualizadas nunha lingua estranxeira.
  • Identificar e formular interrogantes e problemas a partir da súa experiencia diaria, utilizando tanto os seus coñecementos e os recursos materiais ó seu alcance como a colaboración ou a axuda doutras persoas para resolvelos de forma creativa e autónoma.

Descrición do desenvolvemento da actividade

As ensinanzas básicas iniciais de nivel I, ou de alfabetización, e de nivel II, ou de consolidación de coñecementos e técnicas instrumentais, están dirixidas a persoas adultas que non dominan as técnicas instrumentais elementais.
Os obxectivos establecidos para a actividade de NIVEL II non son os mesmos que os establecidos para o Curso de Alfabetización.
O obxetivo primordial a acadar é o de correxir as necesidades e carencias formativas que posúen, coa finalidade expresa de que podan acceder a secundaria e abordar o titulo nun futuro próximo, preciso para a súa posterior inserción laboral na maioría dos casos, para promocionarse no emprego ou para a satisfacción personal nos casos restantes.
A interrelación significativa de capacidades dota de pleno sentido os obxectivos ó explicitar cal queremos salientar, en que contexto e con que grao se debe dar e que outras capacidades esixe para o seu axeitado desenvolvemento.
Por outra parte, a ordenación de obxectivos non responde a unha relación de prioridade entre eles, xa que todos colaboran por igual á consecución das finalidades do ensino.
Inténtase tamén acadar outra serie de obxetivos que poden chegar a ser tanto ou máis interesantes, coma:

  • Potenciar o compañeirismo e o asociacionismo como vía de integración social e de cara á inserción laboral.
  • Fomentar a implicación e participación do alumnado nas distintas actividades, tanto de carácter didáctico como todas aquelas alleas ó círculo de ensino, pero que forman parte do contorno comunitario da que forman parte.
  • Concienciar ó alumnado da relevancia que conleva a formación, a adquisición dunhos coñecementos básicos precisos para o desenvolvemento personal.
  • Utilizar técnicas elementais de recollida de datos para obter información sobre fenómenos e situacións do seu contorno, representalos gráfica e numericamente e formar un xuízo sobre a mesma.
  • Conseguir empregar habitualmente o sistema decimal de numeración e utilizar adecuadamente as operacións elementais para resolver problemas da vida cotiá.
  • Conseguir estratexias de cálculo mental para a resolución de problemas elementais, utiliza-lo cálculo aproximado para predici-lo resultado de problemas e a estimación de medidas.
  • Utilizar adecuadamente os instrumentos de medida e cálculo.
  • Perseguir un clima social idóneo dentro da aula, co obxetivo de equilibrar as diferencias personales e a capacidade de adquisición de coñecementos.