Torneo Amigable Fútbol Sala.
Información e normas polas que se rexerá o Torneo Amigable Fútbol Sala
- O torneo celebrarase o día 24 de abril de 2015 en horario de 16:30 a 20:30 e estará dividido en dúas categorías:
Categoría 1: Mozos de 12 a 14 anos
Categoría 2: Mozos de 15 a 22 anos - Para inscribirse no campeonato e necesario que un representante- delegado de cada equipo pase pola aula da xuventude para recoller o impreso de incrición onde terá que poñer os datos dos xogadores que forman o equipo e entregalo de novo na aula da xuventude.
- Os partidos terán unha duración de 24 minutos divididos en duas partes de 12 minutos, con 2 minutos de descanso entre parte e parte.
- As regras que rixen o xogo serán as mesmas que as da modalidade fútbol sala exceptuando a duración dos encontros.
- Haberá unha persoa que exerza o papel de árbitro. É de obrigado cumprimento aceptar a decisións que tome o árbitro.
- Calquera conducta antideportiva, violenta ou de falta de respeto cara os compañeiros ou o árbitro poderá ser sancionada do xeito que o arbitro considere axeitado, ata o punto de poder se expulsado da competición.
- Os gañadores de cada categoría serán obsequiados cunha cea para todo o equipo no Restaurante Mirás, xa que este encontro é patrocinado por este Restaurante.
- O Concello non se responsabiliza dos danos ocasionados en lesións propias que se ocasionen durante o partido entre os xogadores.
- Non se levará a cabo o torneo se non se xunta un mínimo de 4 equipos por categoría. O máximo será de 10 equipos entre as dúas categorías, por unha cuestión de tempo.
- En caso de inclemencias metereolóxicas (xa que o torneo realizarase en exterior) será a propia organización a que decida si se suspende o torneo ou non, en caso de que se cancele, os equipos serán informados da nova data na que se celebraría.
- Preferencia aos equipos nos que os xogadores esten empadroados no Concello de Oroso.