subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Obradoiros Culturais 2019-2020


A concellaría de cultura do Concello de Oroso ofrece para este curso 2019-2020 os seguintes obradorios culturais:
- Debuxo e Pintura
- Fotografía I (iniciación)
- Fotografía II
- Mecanografía
- Club de Patchwork
- Traballos Manuais
- Teatro
- Tapicería
- Fruticultura - Poda - Inxertos
- Arte floral
- Arte floral para o Nadal
- Linedance (baile en liña)
- Bailes latinos (salsa, bachata e kizomba)

Os cursos están dirixidos tanto para rapaces como para adultos, e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello de Oroso.

O prazo de inscrición comprende dende o 10 ao 26 de setembro.

As inscricións deberán entregarse asinadas no Rexistro Xeral do Concello.

As cotas dos cursos faranse efectivas as empresas ou empregados das mesmas que leven a cabo o curso, do mes por adiantado, agás en debuxo e pintura e traballos manuais, que se farán a través da páxina web do concello no apartado de tributos on line e entregando o xustificante de pago no centro cultural ou no mail: cultura@oroso.gal o pago realizarase cando lle confirmen a praza dende o departamento de cultura do Concello de Oroso.

No momento de causar baixa nalgún curso deberá comunicalo tamén no centro cultural ou no correo cultura@oroso.gal

Para o curso de MECANOGRAFÍA, ademaís do impreso de solicitude, será preciso presentar as autorizacións da Aula CEMIT.

Máis información no teléfono 981 690 903.