Concurso de postais de Nadal de mensaxe 2019.
Bases:
- As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21 x 15
- Poden entregarse na técnica que cada un considere oportuna pero deben incluír unha mensaxe de felicitación orixinal e escrita en lingua galega
- Cada participante poderá presentar un máximo de 2 postais
- No caso de non presentarse un mínimo de 3 postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta
Categorías
Establécense catro categorías:
- De 4 a 6 anos
- De 7 a 9 anos
- De 10 a 13 anos
- Máis de 14 anos
Onde entregar a postal
As postais entregaranse na biblioteca municipal no seguinte horario: De luns a venres : 09:00 a 14:00
Prazo de entrega:
Ata o 13 de decembro ás 14:00h.
Entrega de premios:
Os premios entregaranse o 5 de xaneiro de 2020 á chegada dos Reis Magos de Oriente no pavillón municipal. Os/as gañadores/as de cada categoría recibirán un lote de libros.