subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Obradoiros culturais 2023-2024


A concellaría de cultura do Concello de Oroso ofrece para este curso 2022-2023 os seguintes obradorios culturais:

- Debuxo e pintura
- Mecanografía
- Restauración e tapicería
- Club de Patchwork
- Cociña
- Teatro

Os cursos están dirixidos tanto para rapaces como para adultos, e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello de Oroso.

O prazo de inscrición comprende dende o 12 ata o 25 de setembro.

As solicitudes deberán entregarse cumprimentadas e asinadas no rexistro municipal de 9 a 12 horas ou a través da sede electrónica.

No caso de debuxo e pintura e de mecanografía deberase sinalar o código do curso que vai entre paréntesis na solicitude.

As cotas dos obradoiros de cociña e teatro faranse efectivas as empresas ou empregados/as das mesmas que leven a cabo a actividade, do mes por adiantado. As cotas anuais dos obradoiros de debuxo e pintura faranse efectivas a través da páxina web www.concellooroso.com no apartado de tributos on line e entregando o xustificante de pago no centro cultural ou no mail: cultura@oroso.gal o pago realizarase cando lle confirmen a praza dende o departamento de cultura do Concello de Oroso.

No momento de causar baixa nalgún curso deberá comunicalo por escrito no rexistro municipal ou a través da sede electrónica.

Máis información no teléfono 981 690 903.