subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso licita as obras da cuberta da piscina municipal e amplía a área de lecer das instalacións.


s traballos da cuberta, incluídos nos orzamentos de 2018, suporán un investimento de 210.475 euros.

orosoO Concello de Oroso iniciará, unha vez rematada a tempada de verán, diferentes obras no complexo da piscina municipal para mellorar o servizo que lle presta aos veciños. De forma inmediata, a principios de outubro, comezarán os traballos para ampliar a área de lecer. “As obras xa están adxudicadas, cada vez son máis os usuarios e as actividades que organizamos no complexo da piscina, polo que queremos dotar ás instalacións de varias melloras”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Por outra parte, tamén están en licitación as obras para a construción da cuberta da piscina, incluidas nos orzamentos de 2018 e valoradas en 210.475 euros. “Estamos renovando e mellorando o conxunto das infraestruturas do municipio, tanto en Sigüeiro como nas parroquias”, afirma Mirás.

A campaña de verán na piscina de Sigüeiro foi este ano un éxito, con centos de persoas participando nos cursos de natación e nas actividades organizadas polo Concello. O exterior das instalacións foi o escenario de numerosos concertos, obras de teatro ou xogos infantís.

“Os traballos que poñeremos en marcha servirán para albergar máis actividades, ademáis de extender o uso da piscina a outras épocas do ano coa cuberta”, engade o alcalde de Oroso.