subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso impulsa a humanización do municipio con novas marquesiñas de autobús, sinales viarias e mobiliario urbano.


orosoO Concello de Oroso deu nas últimas datas un novo impulso ao proceso de humanización do municipio, tanto no centro urbano de Sigüeiro como nas parroquias. Nas últimas semanas, o grupo de goberno liderado por Manuel Mirás procedeu a instalación de tres novas marquesiñas nas paradas do autobús escolar, unhas melloras nesta infraestrutura moi demandadas polos veciños. Nas próximas datas haberá máis marquesiñas instaladas.

Tamén se colocaron novos bancos nas sendas para facilitar o descanso dos peóns, así como papeleiras e macetas. “É unha obriga para o concello mellorar os servizos que lle damos aos nosos veciños, recollendo as peticións dos residentes no centro e nas parroquias para facilitar a súa vida diaria”, asegura o alcalde, Manuel Mirás.

Nas últimas semanas, o Concello de Oroso instalou tamén novas sinais viarias, algunhas delas nos pasos de cebra, co obxectivo de mellorar a seguridade tanto dos automóbiles como dos peóns.

Estas médidas únense a outras xa anunciadas, como os cinceiros para as cabichas que o Concello de Oroso instalou nos edificios públicos, para concienciar aos fumadores dos riscos para a saúde e o medio ambiente de tirar as cabichas ao chan.

“Humanizar Oroso para que sexa un lugar mellor é tarefa de todos, pero desde o concello temos que facilitar este obxectivo coa renovacións constante das infraestruturas e dos servizos”, engade Mirás.