subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso acomete varias obras para mellorar o alumeado público e o abastecemento de auga nas parroquias.


Os traballos realízanse grazas o remanente de tesourería derivado do superávit nas contas municipais.

orosoO Concello de Oroso executa desde hai semanas ou sacou a licitación para a súa execución inminente diferentes obras para mellorar o alumeado público e o abastecemento de auga nas parroquias do municipio. O investimento conxunto é de 77.000 euros.

Un dos traballos en execución é o da instalación de dúas novas bombas de bombeo na rede de abastecemento de auga na parroquia de Deixebre (investimento de 23.282,85 euros). Trátase de aumentar a presión da auga e a súa potencia, mellorando o servizo aos veciños e veciñas dos lugares de Os Carballos, Vilar de Abaixo e Vilar de Arriba.

Tamén está prevista a curto prazo unha obra de mellora da rede de abastecemento nos núcleos de O Cachopal e Sar, na parroquia de Os Ánxeles (o investimento previsto é de 18.629,85 euros).

Ao marxe do abastecemento, o Concello de Oroso aprobou un orzamento de 35.000 euros para investir no alumeado público das parroquias, tanto na instalación de novos puntos de luz como na reforma das instalacións xa existentes. “Son necesidades que xorden na maioría dos casos das demandas veciñais”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Estas actuacións realízanse con cargo ao remanente de tesourería do Concello de Oroso, xa que a situación de superávit municipal permite ao grupo de goberno mellorar os servizos tanto no centro como nas parroquias. “O Goberno central non permitiría estas obras se non tivésemos unhas contas saneadas”, engade Manuel Mirás.