subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Un documental sobre a actividade económicade Oroso reflicte que "fixo os deberes" para atraer industria e empresas xeradoras de emprego


orosoO Concello de Oroso estreou o sábado pola tarde un documental audiovisual sobre a industria e a actividade económica municipal. A estrea foi no pavillón municipal de Sigüeiro, nun acto con empresarios no que interviron o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e o economista e senador Xoaquín Fernández Leiceaga, que falou sobre 'Os retos da economía galega'.

Leiceaga destacou que “Oroso fixo os deberes para pasar dunha economía de base agraria a unha situación na que a industria ten moito peso”, eloxiando “os pasos dados polo concello para que as empresas queiran instalarse nos seus polígonos”.

“Pronto abriremos o terceiro polígono industrial, Oroso ten un forte potencial e unha gran demanda por parte de empresas interesadas en instalarse aquí”, afirmou pola súa parte Manuel Mirás, que adiantou que o concello organizará todos os anos unha gala cos empresarios locais.

“O enlace sur da AP-9 reforzou ainda máis a nosa posición estratéxica, Oroso está moi ben comunicado e formamos parte da rede de concellos Doing Business de Galicia”, engadiu o alcalde.

No documental faise unha radiografía do concello e o seu potencial económico, dándolle protagonismo ás principais empresas de Oroso, que describen a súa actividade.

A xornalista Susana López Carbia presentou o acto do sábado, ao que asistiron máis de 200 persoas e que rematou coa actuación musicial de Rosa Cedrón.