subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Labores de limpeza e desinfección en Porto Avieira


orosoEste venres 27, a partir das 14:00 horas, o equipo de limpeza do Concello de Oroso pasará polas rúas da urbanización de Porto Avieira para lavar e desinfectar.

Por iso o concello colocou este cartel nos vehículos alí estacionados.

Desta forma, O Concello de Oroso continúa coas labores de limpeza e desinfección dos espazos públicos que comezaron o día 17, presentando unha especial atención ás proximidades do centro de saúde, farmacias ou supermercados.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!