Información sobre o reparto de mascarillas
O Concello de Oroso informa á veciñanza sobre o reparto de mascarillas que se levará a cabo nos vindeiros días.
1.- O reparto de mascarillas, en primeiro lugar aos colectivos máis vulnerables, faise a través de Protección Civil, chamando previamente aos teléfonos 667 830171, 629 810 399 ou 616 527 567.
2.- A prioridade son as persoas maiores de 60 anos que o soliciten, os grupos de risco e os establecementos de servizos e productos de primeira necesidade abertos no concello.
3.- Como no resto de España, o número de mascarillas a día de hoxe é escaso, polo que debe darse prioridade a estes colectivos. Deben absterse de pedilas as persoas que non as necesiten.
4.- Polo de agora, no Concello de Oroso dispoñemos de 500 mascarillas e estamos esperando un pedido de 1.300 máis, pero aínda non sabemos cando chegará.
5.- Lembrade que tedes que chamar ao 667 830 171, 629 810 399 ou 616 527 567. O persoal de Protección Civil as repartirá en función de número de mascarillas que dispoñamos.