subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Actualización medidas COVID 19 no Concello de Oroso


orosoA alcaldía recibiu hoxe a información do centro de saúde de que na última semana non se rexistraron novos casos de coronavirus no concello.

Continúan as tarefas diarias de limpeza, desinfección e nebulización dos espazos públicos con hipoclorito.

O Concello de Oroso reparte nesta Fase 1 material de protección nos establecementos abertos para garantir a seguridad de traballadores e clientes. Os comercios e locais de hostalería dispoñen de mascarillas, dispensadores de hidroxel, louvas, etc.

O reparto continuará para os negocios que abran ata o 8 de xuño.

Desde o concello demándase prudencia e responsabilidade á veciñanza para manter as distancias de seguridade, tanto nas terrazas como no interior dos comercios.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, manterá esta semana unha reunión con todos os portavoces para estudar posibles exencións e incentivos nos tributos e taxas de competencia local.

Recoméndase o uso de mascarillas, tamén os nenos. A evolución da pandemia é moi boa en Oroso e coa colaboración de todos e todas será posible evitar un repunte ou novos casos.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!