Información importante Covid-19
O Concello de Oroso quere aclarar a situación sanitaria existente a día de hoxe no municipio, debido ás inquedanzas e comentarios escoitados nas últimas horas.
No Concello de Oroso non hai ningún gromo de coronavirus. A día de hoxe só hai unha persoa co virus e contaxiuse por estar en contacto con outra persoa de fóra do concello.
A persoa infectada está no seu domicilio, gardando a cuarentena correspondente, e os seus contactos tomaron tamén as medidas necesarias.
O Concello de Oroso está en contacto permanente co centro de saúde e coas autoridades sanitarias, polo que informará de calquera tipo de novidade.
Facemos un chamamento á responsabilidade veciñal para non difundir informacións erróneas e para respectar as medidas de seguridade e saúde recomendadas polas autoridades sanitarias.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!