subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Aviso Importante: COVID-19


orosoAnte a evolución da crise sanitaria en Galicia a #Xunta publica no #DOG as novas medidas de prevención ante a #COVID19 para toda a Comunidade:

  • Só se poderá fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre no caso de que se garanta a distancia de seguridade interpersoal.
  • En restauración e hostalaría, o consumo dentro dos locais poderá realizarse en barra ou sentado en mesa, garantindo sempre o mantemento da distancia de seguridade interpersoal. A ocupación por mesa será de máximo 10 persoas, respectándose entre estas a distancia.
  • Os establecementos de hostalaría e restauración non deberán pechar máis tarde das 01:00 horas.
  • Discotecas e outros locais de lecer nocturno permanecerán pechados.
  • Recoméndase restrinxir os encontros sociais fóra do grupo de convivencia estable e limitar as reunións a un máximo de 10 persoas.
A orde producirá efectos desde as 00:00 h do 17 de agosto. Pode acceder ao DOG para ter todos os detalles: https://bit.ly/30XHizF

Seguimos a confiar na responsabilidade veciñal para non difundir informacións erróneas e para respectar as medidas de seguridade e saúde recomendadas polas autoridades sanitarias.


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!