subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso presentará unha queixa formal ante a Xunta polos cambios no transporte metropolitano


orosoO pleno do Concello de Oroso aprobou onte unha moción para “elevar diante da Xunta unha queixa formal pola retirada de servizos e paradas nas liñas do transporte metropolitano”.

Oroso pedirá á Xunta “un compromiso real” para dotar o servizo de máis coberturas e frecuencias, ademais de solicitar “unha reunión cos concellos de Santiago, Ames, Brión e Teo para constituír unha mancomunidade ou consorcio de transportes, poñendo en marcha un transporte eficiente con estos municipios”.

O grupo de goberno trasladou ao pleno o malestar da veciñanza polas novidades nas liñas do transporte metropolitano, uns cambios realizados sen avisar ao concello que suponen moitas menos paradas nas parroquias ou no centro de Santiago.

Estas modificacións dificultan o día a día de centos de orosáns que se trasladan a Santiago por motivos laborales ou académicos. O alcalde, Manuel Mirás, e o portavoz do PSOE, Antonio Leira, coincidiron na sesión plenaria en que “non podemos permitir esta situación, cando o concello destina un orzamento importante cada ano ao transporte metropolitano”.

Ademáis, no pleno de onte aprobáronse outras dúas mocións, unha delas para instar á Xunta a que asuma os custos extraordinarios de desinfectar e limpar os centros de ensino para facer fronte á pandemia. O grupo de goberno lamenta o “abandono” á comunidade educativa por parte do goberno galego.

Unha terceira moción, o concello pedirá á Xunta reforzos na atención primaria e que continúe o servizo dun traballador ou traballadora social no centro de saúde.