subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Visitas a cemiterios e festas de halloween


orosoSegundo os últimos datos da Consellería de Sanidade da Xunta, o Concello de Oroso baixou onte ao nivel de alerta epidemiolóxica 1 (AMARELO), é dicir, entre 7 e 14 casos positivos de coronavirus confirmados por PCR nos últimos sete días.

A situación é polo tanto moi cambiante pero, a pesares deste descenso, as autoridades sanitarias advirten de que a evolución non é boa en Galicia e as próximas semanas serán fundamentais.

Con respecto ao acceso aos cemiterios por Todos os Santos e Defuntos, o Concello de Oroso recomenda espaciar as visitas para evitar aglomeracións nestes días tan sinalados, garantindo a seguridade da veciñanza.

Ademáis, segundo o protocolo aprobado pola Xunta de Galicia o pasado 23 de outubro, lémbrase que é importante evitar o contacto físico no cemiterio, mantendo en todo momento a distancia interpersoal.

É obrigatorio o uso da máscara e compre sinalar que o tempo de visita está limitado a trinta minutos. Só está autorizado o paso de grupos de como máximo catro persoas e recoméndase aos maiores de 75 anos e persoas vulnerables ao COVID que eviten o acceso ao cemiterio nos horarios de maior afluencia.

POR OUTRA PARTE, demandamos á veciñanza responsabilidade nas celebracións de Halloween. Temos que facer un esforzo entre tod@s e evitar a interacción social, sobre todo nos espazos interiores.

É fundamental respectar todas as recomendacións sanitarias. As próximas semanas son fundamentais para frear o ritmo de contaxios.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!