subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novas medidas COVID-19 no Concello de Oroso


orosoA Xunta de Galicia anunciou este mediodía novas medidas para facer fronte á pandemia do coronavirus en 60 concellos galegos, entre eles Oroso.

As medidas entrarán en vigor o sábado 7 de novembro ás 00:00 horas e prolongaranse durante un mes.

Seguen permitidos os movementos e desprazamentos por motivos laborais, educativos, de coidados e sanitarios, pero quedan prohibidas as actividades no esenciais.

Á espera da publicación no DOG do decreto con todos os detalles deste anuncio, o Concello de Oroso adianta que algunas das novas medidas serán as seguintes:
Peche perimetral do Concello de Oroso.
Peche dos establecementos de hostalería (só se permite servizo a domicilio ou para recoller no local).
Aforo limitado ao 50% no comercio.
Limitación de aforos en cines, teatros e auditorios.
No transporte público, o urbano quedará limitado a un máximo do 50% dos asentos e o 25% de pé, e o interurbano ao 50% (o escolar segue igual).
Continúa o toque de queda de 23:00 a 6:00 h.
A práctica deportiva terá que ser individual.

O Concello de Oroso concretará estas e outras medidas tras a publicación do DOG e fai de novo un chamamento á responsabilidade veciñal. Temos que facer un esforzo entre tod@s e evitar a interacción social, sobre todo nos espazos interiores.

É fundamental respectar todas as recomendacións sanitarias. As próximas semanas son fundamentais para frear o ritmo de contaxios e a presión hospitalaria.