subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información actualizada COVID-19 en Oroso


orosoNo Concello de Oroso hai agora mesmo 24 casos activos de coronavirus, tres menos que onte, segundo nos comunican da xerencia da área sanitaria. Todos eles están recuperándose nos seus domicilios. Non hai ningún ingresado nos hospitais.

Segundo os datos tamén de hoxe da Consellería de Sanidade da Xunta, o Concello de Oroso atópase nun nivel de alerta epidemiolóxica 1 (AMARELO), é dicir, entre 7 e 14 casos novos positivos de coronavirus confirmados por PCR nos últimos sete días.

É importante ter claro que para establecer estos niveis a Xunta ten en conta os novos casos confirmados por PCR na última semana, non os casos totais no concello (que repetimos que son 24).

Como ben sabedes, esta pasada medianoite entraron en vigor as novas medidas da Xunta de Galicia para facer fronte á pandemia do coronavirus en 60 concellos galegos, entre eles Oroso. Durarán un mes e están accesibles no seguinte enlace:
coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/592/Medidas_prevencion_comarca_Santiago.pdf

Somos conscientes e lamentamos a situación provocada polo novo peche á hostalería, así como as limitacions no comercio. Desde o concello apoiamos a ambos sectores e esperamos que pronto recuperen a normalidade.

O Concello de Oroso fai de novo un chamamento á responsabilidade veciñal. É fundamental respectar todas as recomendacións sanitarias. As próximas semanas son fundamentais para frear o ritmo de contaxios e a presión hospitalaria.