subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información actualizada COVID-19 en Oroso


orosoNo Concello de Oroso hai hoxe, venres 13 de novembro, 27 casos activos de coronavirus, segundo nos comunican da xerencia da área sanitaria. Todos eles están recuperándose nos seus domicilios. Non hai ningún ingresado nos hospitais.

Segundo os datos da Consellería de Sanidade da Xunta, o Concello de Oroso atópase nun nivel de alerta epidemiolóxica 0 (VERDE), é dicir, menos de 7 casos novos positivos de coronavirus confirmados por PCR nos últimos sete días.

É IMPORTANTE ter claro que para establecer estos niveis a Xunta ten en conta os novos casos confirmados por PCR na última semana, non os casos totais no concello (que repetimos que son 27).

Desde o concello queremos agradecer o esforzo da veciñanza, reflictido nunha contención dos novos casos de coronavirus. Lembrade que ata o 4 de decembro están activas as medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia en máis de 60 concellos, entre eles Oroso.

Agradecemos a vosa colaboración, temos que facer un esforzo conxunto para frear a curva, respectando as medidas e reducindo a interacción social, sobre todo nos espazos interiores.