subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Feliz Ano a tod@s @s orosáns!


orosoO Concello de Oroso, en nome do seu alcalde, Manuel Mirás Franqueira, e do conxunto da corporación, quere desexarvos un Feliz Aninovo a moi poucas horas xa de que remate 2020, un ano extraordinariamente complicado para tod@s.

Co desexo que no ano 2021 sexamos todos capaces de superar os retos aos que nos enfrentamos, ogallá pasedes unha feliz noite na compañía dos vosos achegados.

Nesta ocasión, lembrade que as celebracións deben ser máis íntimas e só coa familia máis cercana, pero estamos convencidos de que este esforzo merecerá a pena. Está en xogo a saúde de tod@s!

Moitas grazas a todos e a todas polo voso comportamento neste ano tan difícil. Feliz Aninovo! Felicidade e saúde para toda a veciñanza!