subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información COVID-19 no Concello de Oroso


orosoO Concello de Oroso informa que, segundo os datos da Consellería de Sanidade, nos últimos 14 días diagnosticáronse no municipio 18 novos casos de coronavirus.

Debido a este incremento, a incidencia acumulada no Concello de Oroso nos últimos 14 días está xa por encina dos 150 casos por cada 100.000 habitantes.

O concello non dispón do número exacto de contaxiados en Oroso a día de hoxe, xa que a Consellería de Sanidade non facilitou aínda esta cifra, pero a evolución epidemiolóxica non é boa.

Desde o Concello de Oroso facemos un chamamento á responsabilidade individual, temos que facer un esforzo conxunto para respectar os protocolos e as recomendacións, evitando a interacción social en espazos interiores, retirando só a máscara para comer ou beber e pasando o maior tempo posible cos convivintes… lembrade sempre que está en xogo a saúde de tod@s!

Polo que respecta ás normas xerais do comité clinico da Xunta, non hai cambios polo momento:
A hostalería debe pechar ás 23:00 horas, cun 50% de aforo no interior e un 75% no exterior. Agrupacións de máximo 6 persoas e restrinxida a mobilidade nocturna de 23:00 a 06:00 horas.

Se non cumprimos as normas, haberá más restricións a curto prazo, temos que frear a suba de contaxios en Oroso!