subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso informa de 19 casos activos de coronavirus no municipio, apelando de novo a responsabilidade individual para frear o aumento de contaxios


orosoO Concello de Oroso informa que a día de hoxe hai no municipio 19 casos activos de coronavirus, polo que fai de novo un chamamento á responsabilidade individual para frear o aumento de casos.

Esta tarde haberá unha nova reunión do Comité Clínico da Xunta na que se evaluará a situación xeral, polo que informaremos das posibles medidas ou restricións que se aproben.

Á espera desta reunión, seguen activas as medidas vixentes, polo que a hostalería debe pechar ás 23:00 horas, cun 50% de aforo no interior e un 75% no exterior. Agrupacións de máximo 6 persoas e restrinxida a mobilidade nocturna de 23:00 a 06:00 horas.

O concello pide un esforzo conxunto para respectar os protocolos e as recomendacións, evitando a interacción social en espazos interiores, retirando só a máscara para comer ou beber nos locais de hostalería e pasando o maior tempo posible cos convivintes.

O concello adaptou e limitou toda a programación de Nadal polo contexto sanitario e solicita aos veciños e veciñas contención durante a festividade de Reis, disfrutando da maxia da xornada sen poñer en risco a saúde de todos.