subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información actualizada COVID-19


orosoO Concello de Oroso informa que, segundo os datos da Consellería de Sanidade, a día de hoxe hai no municipio 46 casos activos de coronavirus.

Esta cifra supón un elevado incremento desde os 35 positivos do pasado venres, polo que a situación epidemiolóxica no noso municipio mantén unha tendencia negativa.

Esta mañá, a Xunta anunciou a suspensión do deporte federado en Galicia, en concreto de todas as competicións a nivel autonómico. Os adestramentos só estarán permitidos a nivel individual ou cun máximo de catro persoas. A medida entra en vigor este xoves.

Ademais, como ben sabedes, Oroso é un dos 60 concellos galegos que pasou o pasado venres a estar nun nivel máximo de restricións pola evolución da situación epidemiolóxica. Neste enlace tedes todas as restricións: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Restricions-Nivel-Maximo

LEMBRADE que as principais medidas en vigor no Concello de Oroso son as seguintes:
🔴 Peche perimetral do Concello de Oroso.
🗣 O toque de queda adiántase ás 22.00 horas.
4️⃣ As reunións pasan a ser dun máximo de 4 persoas non convivintes, tanto en espazos públicos como privados.
🧵 Peche do comercio ás 21:30 horas.
☕️ Peche da hostalaría ás 18:00 horas. A actividade limítase ás terrazas e queda prohibida no interior.
👉 As autoridades sanitarias recomendan limitar a actividade diaria ao traballo, os estudos e a adquisición de alimentos.

Insistimos en que, nestes momentos, xa non se trata de repetir normas e consellos, falamos de que a saúde de todos os veciños e veciñas de Oroso está en risco. Temos que coidarnos entre tod@s para frear a curva de contaxios.

Para recuperar o antes posible a normalidade debemos saír só de casa para as actividades esenciais, limitando a máximo a interacción social

PEDIMOS RESPONSABILIDADE para que nas próximas semanas podamos voltar á normalidade!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! COIDÉMONOS!