subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Atención de urxencias COVID-19 e compra de produtos de primeira necesidade en Oroso


orosoO Concello de Oroso informa que pon a disposición da veciñanza todos os servizos de asistencia e urxencia para aquelas persoas que vivan soas e non poidan sair das súas casas, formen parte dun grupo de risco ou estean confinadas ou afectadas pola COVID-19.

Chegan semanas complicadas e temos que coidarnos entre tod@s, por iso se precisas axuda non dubides en chamar aos números de teléfono que o Concello de Oroso pon a disposición dos veciños e veciñas:
-981 688 950, de Servizos Sociais do Concello de Oroso.
-698 169 443, de Protección Civil de Oroso.
-638 050 451, de Alcaldía.

Tamén facemos un chamamento a toda a veciñanza para que compartan esta información coas persoas maiores.