subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Sanidade comunica ao Concello de Oroso que o cribado no municipio será finalmente o luns, martes e mércores da próxima semana


orosoA xerencia sanitaria comunicou hai uns minutos ao Concello de Oroso que, debido á complexidade do cribado que se realizará no municipio, que afectará a preto de 2.000 persoas e dado que no Centro de Saúde teñen que facer diferentes adaptacións informáticas para as probas, o cribado será finalmente o luns, martes e mércores pola tarde.

Esta proba, solicitada polo grupo de goberno de Oroso, servirá para detectar asintomáticos e frear a curva de contaxios. Os candidatos serán informados por SMS e as probas faranse no centro de saúde. Daremos máis información nas próximas horas.

Por outra parte, no Concello de Oroso hai a día de hoxe, 27 de xaneiro, 61 casos activos de coronavirus, os mesmos que onte, segundo os datos facilitados pola xerencia da área sanitaria. A situación epidemiolóxica é negativa e demanda responsabilidade por parte de tod@s!