subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O número de casos positivos por COVID-19 no Concello de Oroso sube a 64


orosoNo Concello de Oroso hai a día de hoxe, 29 de xaneiro, 64 casos activos de coronavirus, segundo os datos facilitados pola xerencia da área sanitaria.

O pasado 8 de xaneiro, xusto despois das festas de Nadal, os casos activos eran 21, polo que os contaxios en Oroso multiplicáronse por 3 en só tres semanas.

O próximo luns, martes e mércores pola tarde, Sanidade realizará un cribado masivo en Oroso ao que serán convocadas preto de 2.000 persoas.

Esta proba, solicitada polo grupo de goberno de Oroso, servirá para detectar asintomáticos e frear a curva de contaxios. Os candidatos serán informados por SMS e as probas faranse no centro de saúde.

O Concello de Oroso fai un chamamento á veciñanza para que se limite ás actividades esenciais, cumpra as normas e evite a interacción social. A situación epidemiolóxica é moi negativa e demanda responsabilidade por parte de tod@s!

Os veciños e veciñas de Oroso deben saír só de casa para traballar, estudar, consultas médicas ou xestións de primeira necesidade. Está en xogo a saúde de todos!

Para aquelas persoas que vivan soas e estén enfermas ou formen parte dun grupo de risco, lembrade que poden chamar ao seguintes teléfonos para emerxencias ou adquisición de alimentos e medicinas:
-SERVIZOS SOCIAIS 981 688 950
-PROTECCIÓN CIVIL 698 169 443
-ALCALDÍA 638 050 451

PEDIMOS RESPONSABILIDADE! GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!