subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información actualizada COVID-19


orosoO Concello de Oroso tivo hoxe coñecemento, a través da xerencia da área sanitaria, de que o número de casos positivos no municipio pasou de CERO A OITO en moi poucos días.

Somos conscientes de que a situación é complicada en todos os aspectos, pero este cambio repentino da situación epidemiolóxica é de novo moi preocupante.

FACEMOS UN CHAMAMENTO Á VECIÑANZA: ou cumprimos de forma rigurosa as medidas e recomendacións ou o gromo irá a máis, co que será necesario aumentar as restricións e dar de novo pasos atrás.

ESTÁ EN XOGO A SAÚDE DE TOD@S E A ECONOMÍA LOCAL!! A evolución epidemiolóxica é outra vez negativa e demanda responsabilidade por parte de tod@s!

LEMBRADE:

Os locais de hostalaría deben precintar as mesas que non poidan usarse e utilizar o mesmo espazo para as terrazas que tiñan antes da pandemia. Ademais, deben indicar de forma clara o seu aforo e a prohibición de fumar.

Os clientes deben tamén respectar as normas, non fumar, sentarse como máximo 4 persoas por mesa e non invadir as beirarrúas.

Os establecementos comerciais deben tamén respectar as limitacións de aforo.

Polo que respecta á veciñanza, SÓ ESTÁN PERMITIDAS as reunións na vía pública dun máximo de 4 persoas, con máscara e respectando todas as medidas sanitarias.

O concello advirte de sancións aos que non respecten as restricións, está en xogo a saúde de tod@s e a reactivación da economía.

POR FAVOR, RESPECTEMOS AS NORMAS! COIDÉMONOS! GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!