O Concello de Oroso informa de 17 positivos de coronavirus por un gromo en dúas familias e demanda prudencia á veciñanza para evitar que aumenen os casos
O Concello de Oroso tivo coñecemento pola xerencia sanitaria de 17 casos positivos no municipio, derivados dun gromo en dúas familias que teñen conexión entre elas.
Aínda que, segundo os datos do centro de saúde, a situación está controlada e non hai polo momento transmisión comunitaria, desde o concello demándase prudencia á veciñanza, cumprindo todas as recomendacións sanitarias.
O proceso de vacinación avanza e as autoridades sanitarias anuncian un impulso importante do mesmo nas próximas semanas, pero a pandemia continúa, polo que o concello fai un chamamento á responsabilidade.
O grupo de goberno de Oroso desexa unha rápida recuperación ás persoas afectadas e confía en que, coa axuda de todos, a situación continúe controlada.