25 de xullo, Día Nacional de Galicia
Hoxe, No Día Nacional de Galicia, desde o Concello de Oroso queremos enviar unha agarimosa aperta a todos os nosos veciños e veciñas, coa esperanza de que vivades esta celebración tan especial con saúde e os vosos seres queridos.
Feliz Día Nacional de Galicia a todos os veciños e veciñas de Oroso!
Orgullos@s da nosa terra!
"Unha vez, en Galicia
a paixón chamouse coma ti,
e a luz chamouse coma ti
e o vento tamén se chamou
coma ti.
Entón houbo paixón
no peito das xentes sinxelas
e houbo luz nas noites tebregosas,
e houbo vento a ondear
as bandeiras da liberdade."
Fiz Vergara Vilariño (15 de abril de 1953 - 18 de xullo de 1997)