subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso inicia unha recollida solidaria de material para os afectados polo volcán de La Palma


orosoO Concello de Oroso inicia o vindeiro luns ás 9.00 h. da mañá unha recollida solidaria de material entre a veciñanza para destinalo ás persoas afectadas polas consecuencias da erupción do volcán de La Palma.

O Concello de Oroso insta á veciñanza a colaborar nesta campaña solidaria doando roupa, calzado, alimentos non perecedeiros, mantas, máscaras, pañais, produtos de hixiene persoal ou calquera outro produto de primeira necesidade que poida ser necesario para contribuír a paliar, na medida do posible, as consecuencias que erupción do volcán Cumbre Vieja está a ocasionar a decenas de familias da illa, que ven en risco o seu fogar e os seu medio de vida.

O material pode ser entregado a partir do luns na Casa do Concello de Oroso, que disporá os envíos á cidadanía afectada da illa canaria coa colaboración de Correos, que xa está a desenvolver unha importante campaña soldiaria nas súas máis de 100 oficinas nas illas Canarias.

As veciñas e veciños de Oroso que desexen colaborar cunha aportación económica poderán facelo tamén a través de doazóns a través de entidades bancarias do municipio. Os números de conta daranse a coñecer nos vindeiros días a través da páxina web e as redes sociais oficiais do Concello de Oroso.